jueves, 20 de septiembre de 2007

Manifesto

A defensa dos dereitos de autora implica en Compostela o gasto de 10 millóns en fondos públicos e a cesión por parte do concello e da USC da finca de Vista Alegre. Para tal obra que califican como nova "Casa da Cultura" empregaránse mil kilos de granito no que é calificado coma "zona privilexiada" do eixo norte cidade xunto cos futuros pisos de luxo, aos pés da casa do presidente, contruído todo isto sobre as ruínas do edifício histórico do hopital, rodeado dunha zona verde completamente artificial.

Estamos a falar da sede da SGAE para o noroeste do Estado español, entidade privada que se lucra en nome da defensa dos dereitos das artistas. Esta "defensa" materizalizase a través de métodos de lobby e coa plena sumisión do govero, con exemplos como a aprobación da "lei de propiedade intelectual" (real decreto lexislativo 1/1996) que en ocasións é utilizada como excusa para expulsar a centos de persoas que teñen na venta de música na rúa o único xeito de supervivencia, igualmente para anular o chamado "dereito de liberdade de expresión" de dúcias de webs, radios e xornais libres creados por colectivos que pretendemos amosar a nosa perspectiva da realidade afastada da que amosa a dictadura dos mass-media.

Ademáis, nas súas actuacións vislúmbranse métodos empresarias como o canón imposto aos cd's virxes como a moitos outros soportes, da que sacan unha importante tallada e dificulta a actividade e difusión das obras dos propios artistas.

É por isto que nos rebelamos contra a especulación e as súas mil caras, contra a que destrúe as nosas cidades, a que expulsa a persoas do territorio que habitan, a que mercantiliza a nosa culturua e esmaga a nosa creatividade.

Contra esta situación creamos a alaternativa da autoorganización aberta e horizontal a través do Comando Anti-SGAE/ accion:cultura libre ( antisgaecompostela.blogspot.com ) e a promoción da cultura libre e a libre difusión de saberes con todo tipo de rexistro libre.

1 comentario:

Murmullo cucarachas dijo...

el gallego lo entiendemos a medias...pero nos esforzamos !!...

Y con dos cojones p´alante!!!

Cultura pa tol mundo y entidades de gestion de derechos de artistas estatales, transparentes y pa todos los artistas no sólo pa unos cuantos!!!!!

Arriba el copileft hostiassssss!!!!

y saludos desde madrid!!!